A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu á ANPA Uxío do CEIP Vila de Cee unha subvención para a posta en marcha de varias actividades enmarcadas dentro do proxecto Igualamos!
As actividades que se puxeron en marcha con cargo a esta subvención foron as seguintes:
- Scape-room pola igualdade: destinado ós 154 alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria.
- Contacontos pola igualdade: destinado ós 161 alumnos e alumnas de 4º de infantil a 2º de primaria
- Espectáculo de música pola igualdade. Nesta actividade participou a totalidade de alumnado do CEIP Vila de Cee.
- Familias pola igualdade: de forma paralela a ANPA organizou unha escola de familias onde se traballou o tema da igualdade de xeito transversal o tema da igualdade.
Os resultados do proxecto foron moi positivos, posto que por unha banda os nenos desfrutaron moito das actividades organizadas, adquirindo de forma entretida e dinámica novos coñecementos relacionados coa igualdade.