Escola de Familias da ANPA «Vila de Cee»

A ANPA «Vila de Cee» pon en marcha durante o curso 2022-23 A Escola de Familias, con distintos temas de interese para as familias do cole:

  • O reto de criar e educar na sociedade actual
  • Primeiros auxilios
  • Bullying e ciberbullying (a través do Plan Director para a mellora da seguridade escolar)
  • Diversidade e igualdade
  • Coidado da saúde mental na infancia
  • Alimentación e hábitos saudables
  • Coidados e saúde dos nenos e nenas en idade escolar
  • Disciplina positiva

As Escolas de familias son un espacio de coñecemento e intercambio, de aportación e desenrolo, onde compartir inquietudes, preocupacións comúns e resolver dúbidas. 

Permite buscar momentos de reflexión, promovendo a comunicación entre todas as participantes, sendo un medio ideal para mellorar a relación familiar, aprender a resolver conflictos habituais, dar resposta a problemáticas habituais…

A Escola de Familias da ANPA Vila de Cee pretende tamén ser un grupo de apoio, onde os pais e nais participantes poidamos atopar persoas coas mesmas inquedanzas e preocupacións, e poñer en común solucións compartidas.

O enfoque será totalmente dinámico e participativo, onde cada persoa aporta dende a súa experiencia familiar.

Ademáis destas charlas tamén imos profundizar en dous temas que consideramos de especial interese para as familias. e toda a comunidade educativa, e que serán financiados a través do CEFORE:

  • Educación emocional e afectivo-sexual
  • Resolución de conflictos e prevención do acoso escolar dende a familia

Podedes ver máis información e inscribirvos dende aquí: https://anpaviladecee.es/escola-de-familias/

Nas nosas redes (Instagram e Facebook) podedes estar informados das datas e outra información de interese.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

RENOVAR CARNÉ

NOVO SOCI@