ESCOLA DE FAMILIAS ANPA VILA DE CEE
As Escolas de familias son un espacio de coñecemento e intercambio, de aportación e desenrolo, onde compartir inquietudes, preocupacións comúns e resolver dúbidas.
Permite buscar momentos de reflexión, promovendo a comunicación entre todas as participantes, sendo un medio ideal para mellorar a relación familiar, aprender a resolver conflictos habituais, dar resposta a problemáticas habituais…
A Escola de Familias da ANPA Vila de Cee pretende tamén ser un grupo de apoio, onde os pais e nais participantes poidamos atopar persoas coas mesmas inquedanzas e preocupacións, e poñer en común solucións compartidas.
O enfoque será totalmente dinámico e participativo, onde cada persoa aporta dende a súa experiencia familiar.
Que temas se tratarán?
Deixamos aquí o listado coa previsión de datas e temas a tratar. Os horarios serán de 19 a 20:30. Informaremos en redes e tamén por mail ás socias para concretar cada unha das charlas.
- Primeiros auxilios (1/12/23)
- Bullying e ciberbullying (12/01/24)
- Diversidade e igualdade (09/03/24)
- Coidado da saúde mental na infancia (05/04/24)
- Coidados e saúde dos nenos e nenas en idade escolar (03/05/23)
- Disciplina positiva (07/06/24)
Ademáis destas charlas tamén imos profundizar en dous temas que consideramos de especial interese para as familias. e toda a comunidade educativa.
Cal será a dinámica da Escola de Familias
A Escola de familias reunirase con unha periodicidade mensual, tocando cada mes un tema de interese proposto polas familias participantes.
Comezaremos con unha sesión inicial, que sirva como punto de partida, para coñecernos, e tamén para presentar este proxecto, e propoñer temas de forma conxunta, delimitar espacios, horarios, tipos de actividades…
As Escolas de Familias serán un espacio compartido onde todos e todas podemos participar. Contaremos con unha persoa experta en cada un dos temas a tratar, que fará unha breve exposición do tema, para, a continuación, pasar a unha posta en común das dificultades, dúbidas ou aportacións de cada familia.
Algúns dos temas que temos previsto tratar ó longo destes meses serán: diversidade e igualdade, coidado da saúde física e mental dos nenos e nenas en idade escolar, disciplina positiva, uso e abuso de novas tecnoloxías e sustancias…